miércoles, 15 de marzo de 2017

Bodegón Os Concheiros Pulpería Santiago de Compostela

O Bodegón Os Concheiros Pulpería abre o seu novo e reformado restaurante en Santiago de Compostela



Este venres 17 ás 20.00h, o novo Bodegón Os Concheiros abre as súas portas na súa nova ubicación.

O novo emprazamento do Restaurante estará na Rúa Berlín, número 3

Moi próximo á anterior ubicación, o bodegón ofrece unha ampla oferta na súa carta, destacando o polbo como produto estrela.

Máis de tres décadas de traxectoria na entrada ó casco histórico compostelán polo Camiño de Santiago, avalan o Bodegón Os Concheiros. Miles de santiagueses, turistas e peregrinos puideron disfrutar nestes máis de 30 anos de servizo, destacando o polbo como produto estrela.

O restaurante abre as súas portas nun novo establecemento a escasos metros da ubicación orixinal, coa mesma filosofía, servizo e oferta gastronómica.

No hay comentarios: