jueves, 16 de febrero de 2017

Festival do Queixo Arzúa 2017

FESTIVAL DO QUEIXO 2017


A Festa do Queixo de Arzúa anuncia a programación do Festival do Queixo 2017 coas confirmacións de M-CLAN, FUEL FANDANGO, ALE ACOSTA DJ, BANDA DE MÚSICA DE ARZÚA, MERCEDES PEÓN E MILLADOIRO.

O SÁBADO 4 abrirase o festival co concerto da banda onubense DELBOSQUE, gañador do Queixo Maquetón (21:30 h.) A continuación, un dos concertos máis agardados, o de M-CLAN (22:30 h.), que cumpre 20 anos nos escenarios e chega con novo disco, seguidos de FUEL FANDANGO (00:25 h.) e para finalizar a sesión de ALE ACOSTA DJ (02 h.).

O DOMINGO 5 gozaremos un ano máis da xa instaurada Sesión Vermú a cargo da BANDA DE MÚSICA DE ARZÚA (13 h.). E xa por la tarde, os concertos de MERCEDES PEÓN (18 h.) e MILLADOIRO (19:30 h.), que pechará a 42ª Festa do Queixo. Todos os concertos serán de balde terán lugar no campo da feira de Arzúa. 

Igualmente, haberá acampada de balde no Pavillón Municipal O Cruceiro, provisto de duchas e colchonetas, desde o sábado 4 ás 16h ao domingo 5 ás 13h.


No hay comentarios: