miércoles, 23 de julio de 2014

SonRías Baixas 2014 en Udra Bueu

O Festival SonRías Baixas múdase a Udra (Bueu) na súa XIII edición, que terá lugar o 19 e 20 de setembro


A Asociación Troula na Banda traslada o Festival a un “espazo natural urbano”, afondando na particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado coa que cada ano conquista a miles de persoas

Cabo Udra é un extraordinario espazo natural incluído na Rede Natura 2000 e catalogado como Zona de Especial Conservación (ZEC). O evento celebrarase dentro da área de uso xeral e extremando o coidado e a difusión dos valores medioambientais

As entradas xa están á venda na web sonriasbaixas.info por 21,50 euros máis gastos os dous días de concertos. O prezo na billeteira será de 29 euros

O Festival SonRías Baixas trasládase na súa XIII edición do Multiusos da Estacada ao Cabo Udra, tamén en Bueu. Será nese extraordinario espazo natural, incluído na Rede Natura 2000 e catalogado como lugar de importancia comunitaria pola UE, onde se dean cita a mellor música do momento e os miles de festivaleiros con ganas de troula que cada ano acuden ao festival. A Asociación Troula na Banda, organizadora do evento, salienta o carácter de “espazo natural urbano” que ten o novo recinto, o que permitirá que o Festival afonde na particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado que lle é característica sen renunciar á comodidade e accesibilidade. Será un paso máis no concepto de Experiencia SonRías acuñado polo Festival arredor da música, a praia, o lecer e a gastronomía. Haberá buses dende a vila e as áreas de aparcamento ata o Festival e, nun radio dun kilómetro, o público asistente terá acceso ao festival, á zona de acampada, a servizos urbanos como supermercados, farmacias, tendas e bares e a un contorno natural inesquecible. 

A cita é a fin de semana do 19 e 20 de setembro e xa está confirmada a presenza de tres bandas de referencia a nivel estatal: os madrileños SKA-P traerán toda a enerxía combativa dos barrios obreiros nun dos poucos concertos que ofrecerán na península antes de retirarse por unha tempada; os valencianos La Raíz conquistarán ao público coa forza, rabia, desenfreno, festa e protesta dun directo que está arransando nos festivais máis importantes do Estado; e os vigueses Aphonnic defenderán a enorme calidade do seu rock atemporal e potente. A organización recorda que as entradas están á venda na web por 21,50 euros máis gastos o abono dos dous días e anuncia que pechará o cartel nas próximas horas. Na billeteira, o prezo será de 29 euros e o acceso á zona de acampada custará cinco euros.

Un paraíso natural
A rica flora e fauna de Udra converte o cabo nun espazo singular dun excepcional valor ecolóxico e paisaxístico, un paraíso de praias salvaxes gobernado polas aves, os arroaces, as toniñas e o peculiar lagarto arnau, a especiel animal máis representativa de Udra. Pero Cabo Udra non constitúe só un espazo de gran valor ecolóxico, senón que neste contorno mergúllanse tamén auténticas xoias do noso patrimonio etnográfico vinculadas á gandería e á pesca máis artesanal. Formas de vida ancestrais arrodeadas dunha riqueza botánica e faunística única que mereceron a inclusión deste espazo na Rede Natura 2000, ademais da súa catalogación como Zona de Especial Conservación (ZEC).

O envento celebrarase dentro da área clasificada como de uso xeral e extremando o coidado e a difusión dos valores medioambientais. Para coidar e difundir da mellor maneira posible a enorme riqueza medioambiental do espazo, a organización do Festival SonRías Baixas contará coa asesoría da Asociación Ecologista Anduxía, cuxo representante Suso Framil recoñece que “non nos pareceu o sitio ideal, pero confiamos na sensibilidade ambiental da organización”.

Un esforzo conxunto para superar o complicado contexto
O XIII Festival SonRías Baixas é posible grazas ao tesón da Asociación Troula na Banda, ao apoio do Concello de Bueu -que máis alá da achega económica, colabora con diversos servizos e facilita as xestións- e á implicación no proxecto das empresas que traballan co festival. Especialmente importante é a alianza establecida entre o SonRías e a promotora musical Sonde3, sen a que non sería posible levar a cabo un festival destas características nun contexto como o actual. Dende Troula na Banda saliéntase tamén o papel determinante do público, que terá que refrendar un ano máis a “Experiencia SonRías” coa súa fidelidade. 

A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles. A pasada edición do Festival conquistou o en agosto de 2013 a 12.000 personas con tres días de música, praia e gastronomía, o que supuxo para Bueu unha inxección económica de 830.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hostaleira en toda a comarca. A maioría dos proveedores do Festival son da comarca e máis de 300 persoas traballan cada día no evento, a maior parte, xente da vila.

martes, 22 de julio de 2014

Feira das Marabillas Coruña 2014

Feira das Marabillas na zona vella de A Coruña do 22 o 24 xullo 2014

Horario:
días 22 y 23 de julio de 11 a 14 y desde las 18 h.
días 24, 25, 26 y 27 de julio de 11 a 14 y desde las 17 h.

XX aniversario con Torneos, justas, pasacalles, exhibiciones de cetrería, música, baile, gastronomía y mucho más

Festas Ferrol 2014 programación concertos

Concertos Festas de Verán Ferrol 2014

Mónica Naranjo, Carlos Jean, Los Limones, Xuso Jones ou as Orquestras Panorama e París de Noia son algunhas das actuacións que acollerá Ferrol, entre o 22 e o 31 de agosto, durante as Festas de Verán.

Tódalas actuacións ofertados para a Semana Grande das Festas de Ferrol serán gratuítos, agás o concerto de Mónica Naranjo, que será o único en toda Galicia. Esta actuación celebrarase na praza de España e contará cun aforo limitado de 7.000 persoas

Día 22

  • O “Gran Concerto dos anos Oitenta”, terá lugar na Praza de España e actuarán grupos como Nacha Pop, Burning ou a banda local Padel Rock, entre outros.

Día 23

  • “Mónica Naranjo”, se celebrará na Praza de España.

Día 24

  • O musical “La bola Mágica”, con cancións de Disney para os máis pequenos na Praza de Amboaxe.

Día 25

  • “Festival de Rondallas”, que terá lugar no parque Raíña Sofía.

Día 26

  • “Festival Rock Ferrol”, con grupos locais como Emanens e que se celebrará na Praza de Amboaxe.

Día 27

  • Actuación da Orquestra París de Noia nas inmediacións da Casa do Patín, no barrio de Esteiro.

Día 28

  • O grupo Los Limones presenta o seu novo traballo discográfico “13 limones” na Praza de Amboaxe.

Día 29

  • Actuación de Carlos Jean acompañado por varios artistas na Praza de Amboaxe.
Día 30

  • Actuación única en Galicia do artista Xuso Jones que terá lugar na Praza de Amboaxe.

Día 31

  • Remate dos festexos cos tradicionais fogos artificiais e a actuación da Orquestra Panorama na zona do porto.

Toros en Pontevedra 2014

Toros en Pontevedra Cartel 2014
Cinco festejos. Hora de inicio 19:00 horas.
Sábado 2 de Agosto. Corrida de Toros. Toros de Alcurrucén para Enrique Ponce, Sebastián Castella, Daniel Luque.
Domingo 3 de Agosto. Corrida de Toros. Toros de Victoriano del Rio para Julián López “El Juli”, Miguel Ángel Perera e Iván Fandiño.
Sábado 9 de Agosto. Rejones. Toros de San Mateo para Andy Cartagena, Diego Ventura, Joao Moura.
Domingo 10 de Agosto. Corrida de Toros. Toros de Santiago Domecq para Juan José Padilla, Miguel Abellán y David Fandila “El Fandi”.
Viernes 15 de Agosto, a las 19:00 horas Espectáculo Ecuestre "Soñando a Caballo"

lunes, 21 de julio de 2014

Festival Armadiña Rock Combarro 2014

O Armadiña Rock, festival organizado pola Acdem Armadiña que terá lugar o venres 22 de Agosto na plaza de Chousa (Combarro), está a piques de sacar á luz o cartel que promoverá o festival de este ano, do cal xa coñecemos ós grupos participantes.

Con xa 5 anos de experiencias, reunións, vivencias e música, os organizadores pechan a programación con tres grupos galegos de grande índole: Dakidarría, Medomeda e MLK, dando así gran importancia ó rock galego e cada vez mais auxe ó festival, con renome xa en toda a comunidade autónoma.

Dakidarría e unha das bandas máis importantes do Ska estatal chega ao Armadiña Rock dentro da súa xira “Dez anos da rúa” e onde presentan o seu novo disco “Utopías Emergentes” que o catapultan entre os mellores do seu xénero.

Esta banda do Val Miñor, está formada por 8 músicos con dilatada experiencia e traxectoria, apostan pola enerxía, o baile e a festa, a todo isto hai que engadirlle uns textos cargados de temática social.

Tras dez anos de concertos, editaron xa tres discos: “Fragasaurus Rex” (Sindrome Discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008) e “Realidades Alineantes...” (Revolution producions, 2010) que se completa co lanzamento do seu último disco “Utopías emergentes” (Maldito digital, 2011).

Con esta entrega conseguen editar dous discos antagónicos en pouco tempo, dúas propostas sonoras cargadas de enerxía na que amosan a realidade desde o seu punto de vista, que fai reflexionar o espectador acerca do mundo no que vive.

Durante este tempo, presentaron o seu proxecto arredor de toda a península, incluída unha xira que lles levou a percorrer boa parte de México. Dakídarría ven actuando nos máis importantes festivais do estado: Viña Rock, Son Rias Baixas, etc.

Medomedá é un grupo de rock galego que xurdiu en Teo no 2008.

Procedentes de grupos como Trifulka, Sufridos e Drinkin'Tinto, estes xa veteranos da música galega crearon no 2008 Medomedá, un grupo musical cun estilo que eles deron en chamar “rock gilipollas”.

Este novo proxecto musical, con fortes influencias de grupos como Heredeiros da Crus, deuse a coñecer co seu primeiro tema de estudio “Quero ver como te ris” presentado ó concurso A polo ghit (2008), onde tivo gran éxito e quedou entre os finalistas.

Dende entón este grupo de Teo tivo unha gran acollida participando nunha chea de concertos ó longo destes catro anos, entre os que cabe destacar:

Festival Brincadeira (2012), Festival de Noso (2011), Castelo Rock (2012), Festi Sahara (2010), Rock in Rian (2010), Cruceiro Rock (2010)…, ademais de numerosas actuacións en salas coma a Nasa ou a Capitol. Tamén presentaron o seu “Quero ver como te ris” no programa da TVG Tourilandia.

No 2012 saíu o seu moi esperado primeiro disco, chamado Mellorando pa peor no que inclúen unha introdución e 12 temas entre os que destacan “Quero ver como te ris”, “Vas de guai e non chegas a chachi” ou “Un polbo botábao” polo gran éxito que xa tiveran nos directos.

MLK é unha banda de rock pontevedresa mais as súas orixes teñen lugar nun piso de estudantes de Compostela. Nel Peligro Sánchez e Miguel Neira xúntanse para gravar as cancións sen maior pretensión de pasar o tempo. Froito de estas sesións saen temas como "Home Recording Sessions".

Despois de varios concertos como dúo, a banda cambia varias veces de formación até chegar á actual, incluíndo a Gabi no baixo e Vio na batería. En xaneiro de 2012 publican a maqueta "The Evil in Gospel" onde xa se pode observar unha evolución da formación.

Xa no 2013 grava o seu primeiro LP. Tras moito traballo MLK vai madurando o seu son, rompen co pasado, e se entregan o rock potente dos 90'. Actualmente atópanse inmersos na gravación do seu primeiro álbum.

Nas últimas edicións, este festival realizado en Combarro, foi encadrado nas Festas do Mar que organiza o Concello de Poio, xunto cos Encontros de Embarcacións Tradicionais. Este ano a programación completa desta semana festiva en Combarro é a seguinte:

Mércores 20 de agosto - Celtas Cortos.

Xoves 21 de agosto - Cristina Pato

Venres 22 de agosto - Festival Armadiña Rock

Sábado 23 de agosto - Los Secretos


Tal e como nos teñen acostumados, os organizadores do Armadiña Rock están en proceso de realización do vídeo promocional do festival, xunto o libro de publicidades colaboradoras, así como do meschandising, formado por chapas, camisolas, etc.

Armadiña Rock 2014, un festival cheo de sorpresas e ideas novedosas que non deixarán indiferente a ninguén!

domingo, 20 de julio de 2014

Abonos temporada música clásica Vigo

Arranca la temporada de los abonos de música clásica de Afundación

Los abonos suponen un ahorro del 20 % con respecto al importe de los billetes sueltos
Personas desempleadas, mayores y jóvenes pueden beneficiarse de la política de bonificación y descuentos de la fundación
Con Slobodeniouk, Christoph König, Paul Daniel y Maximino Zumalave como directores
Con la colaboración de Elizabeth Leonskaja al piano, el tenor Gustavo Peña y la soprano Lola Casariego, Tedi Papavrami al violín y el oboe de Alexei Ogrintchouk

La Fundación Galicia Obra Social (Afundación) pone a la venta los abonos de su nueva temporada de música clásica viguesa a partir del próximo lunes, 21 de julio, y hasta el 23 de septiembre mediante sus canales habituales de comercialización de espectáculos, la web de Servinova, www.servinova.com, y la taquilla telefónica 902 504 500. Todos aquellos que deseen hacerse con las entradas sueltas podrán conseguirlas por el mismo sistema a partir del 30 de septiembre. Además del ahorro que supone el abono, un 20 % con respecto a los precios de los billetes sueltos, la fundación gallega tiene en marcha una política de bonificaciones y descuentos para desempleados, jubilados y jóvenes que supone una rebaja adicional de un 10 % en el precio de los abonos. Todas las funciones tendrán lugar en el teatro del Centro Cultural de la entidad en Vigo, localizado en la calle Policarpo Sanz, 13.

La temporada de clásica de Afundación, que va desde octubre hasta diciembre de 2014, ofrece al espectador obras de Mozart, Sibelius, Haydn, Conrado del Campo, Fernando Buide, Michael Tippett, Benet Casablancas o Richard Strauss entre otros. Las orquestas vienen dirigidas por Slobodeniouk, Christoph König, Paul Daniel y Maximino Zumalave con la colaboración de Elizabeth Leonskaja al piano, el tenor Gustavo Peña y la soprano Lola Casariego, Tedi Papavrami al violín y el oboe de Alexei Ogrintchouk.

Los conciertos 

La primera de las ofertas musicales de la temporada tendrá lugar el 2 de octubre a las 20.30 h, cuando la Orquesta Sinfónica de Galicia presente un programa con obras de Strauss, Haydn, Milhaud y Stravinski, dirigido por Dima Slobodeniouk y con la colaboración del moscovita Alexei Ogrintchouk en el oboe. El concierto comenzará a las 20.30 h en el teatro del Centro Cultural de Afundación.

La segunda cita será el 31 de octubre de la mano del director Christoph König. La Real Filharmonía de Galicia traerá un programa que tendrá lugar a las 20.30 h y que estará cimentado en obras de Haydn, Casablancas, Bach y Schönberg.

Paul Daniel, en calidad de director, estará con la Real Filharmonía de Galicia el 6 de noviembre a las 20.30 h en el teatro del Centro Cultural de Afundación en Vigo. Con Tedi Papavrami al violín, el programa abarca obras de Tippett, Fernando Buide y Sibelius.

El 4 de diciembre la programación continuará con la Real Filharmonía de Galicia dirigida por Maximino Zumalave que es, además, un gran pianista formado en Compostela, Madrid, Viena y Stuttgart. El programa del concierto estará dedicado a Conrado del Campo y contará con la colaboración del Coro de la Sinfónica de Galicia, con la soprano Lola Casariego y con el Tenor Gustavo Peña. 

Para finalizar la temporada, la Orquesta Sinfónica de Galicia, dirigida nuevamente por Dima Slobodeniouk, llegará a Vigo el 11 de diciembre. El concierto contará con la representación de obras compuestas por W. Amadeus Mozart y con la colaboración de la pianista Elizabeth Leonskaja.

Festival Aéreo Coruña 2014

El paseo marítimo espera recibir hoy domingo a 50.000 asistentes con motivo del primer Festival Aéreo que se celebra en A Coruña.

El I Festival Aéreo Internacional de A Coruña se celebrará el domingo, 20 de julio, en el Paseo Marítimo, en el tramo entre la Torre de Control y el Club del Mar entre las 12.00 y 14.30 horas

Contará con las exhibiciones de 30 aviones y helicópteros, que durarán entre ocho y 20 minutos cada una y entre ellas están la Patrulla Águila, la Patrulla Aspa, que vuela con unos helicópteros colibrí, además de algunos invitados internacionales, como los franceses de la Patrulla Reva, con sus aviones Acroez, y la Patrulla Rafale, que realizará su primera exhibición en España.

También participan con su actuación tres aeronaves de la AFN, Escuela de Pilotos de Galicia. Y para finalizar, el Real Aero Club de La Coruña participará con dos aeronaves francesas, restauradas para lucir como lo hacían a principios de los 70